A noite

28 Abril 2009


Posted by ShoZu

Chuzame! A Facebook A Twitter

vespas o 4N

11 Novembro 2006

Vespas e outros trastos na manifestación contra os guardarailes (guardarrailes? RAG ou RAE nada din) en Madrid o 4 de novembro de 2006

manifestacion 4N contra guardarrailes, Madrid

manifestacion 4N contra guardarrailes, Madrid

manifestacion 4N contra guardarrailes, Madrid

manifestacion 4N contra guardarrailes, Madrid

manifestacion 4N contra guardarrailes, Madrid

Chuzame! A Facebook A Twitter

videos manifestacion contra os guardarrailes 4N Madrid

7 Novembro 2006

O pasado 4 de novembro asistin a manifestación contra os guardarrailes que se celebrou en Madrid. Chovia abondo. Fixen uns videos dos comunicados da organización.

Esta e a presentación da mani e de Andres Perez Rubio. No seu momento perdeu as duas maos nun accidente; foronlle reimplantadas posteriormente. Quen lle terma do papel e Augusto  Moreno de Carlos, director e editor da revista motociclismo.


Comunicado de Juan Jose Cobrerizo, que perdeu as pernas a altura dos xeonllos. Agora e quen de voltar a subirse a moto. Tamen está a carta de Virginia, a viuva dun motero.


Comunicado final, que ia lerse diante no congreso, pero o concello de Madrid prohibiuno.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Motos clásicas en Torrelaguna. Migas en El Atazar

30 Outubro 2006

O 16 de septembro foi a concentración de motos clásicas de Barajas, Madrid,organizada polo clube Sanglas de Madrid.

A viaxe de ida tivo o seu susto: ia eu tranquilamente (130 km/h) pola estrada de Burgos, a A-1, e de casualidade o ollar os espellos vexo que ven a fume de carozo un Mercedes. Polos faros vexo que e un clase E, e cando estou a cederlle o paso, porque estaba adiantando a uns coches, pareceme ver que detras del hay un Ford Mondeo da Guardia Civil dandome as luces laranxa.

Vaia! volto ollar o velocímetro. O millor despisteime pero xuraria que non me pasei de velocidade, e sego coa maniobra de cederlle o paso.

Adiantanme e vexo que non era a min, que lle estaban dando a el o alto. E seguen 20 metros máis. Vaia, este do Mercedes non se deu conta, pensei. E 70 metros, e cen, e iran a 170 km/h.
Unha persecución, estilo estarkihuch en versión tricornio. Vaia. Que medo, puido levarme por diante. Andan tolos, menos mal que ia a outra cousa máis tranquila, cara a plaza Mayor de Torrelaguna, onde a xente da concentración de motos clásicas parará preto dunha hora.

Ali habia un pouco de todo: varios sidecares Ural. Sanglas, unha chea de elas.

Sanglas Sanglas 400, arranque electrico #2
Bultaco metralla.

Montesa Impala (o enxeñeiro creador das impala, Milá, era o tio do xornalista Lorenzo Milá).

Impala e Derbi 2002

BMW ben xeitosas.

BMW R distribucion de BMW

Unha Guzzi V7.

Moto Guzzi

Unha Honda CX 500, que era un xeito de pseudoGuzzi.

Honda CX 500

Unha Honda 750 Four, como a dun do Joe Bar.

Honda 750 four

Algunha Vespa.

Vespa anos 80

E o unicornio: unha Norton Commando.

Norton Commando

Por ali habia unha voda, que apuntouse a festa:

as motos e a voda

Era a hora dos pinchos, asi que a miña ética motera levoume a buscar onde pinchar algo (non estaba apuntado a concentracion).

Nos bares tipicos estaba cheo, asi que fun ata o típico bar de paisanos, o bar Trebol, un bar de verdade.

Bar El Trebol servicios do bar El Trebol, Torrelaguna

Cando poido recurro o feismo de decoracion de interiores como salvador. Asi foi, e ali tomeime miña cocacola . Nos servicios habia vistas interesantes de caixas de botellas.

O voltar , a xente iniciaba o retorno, e fixen uns videos.

Este da saida:

Neste a esquerda vese unha voda:

E aqui o sonido dunha moto das vellas, con cambio de marchas no manillar:

E a Norton a ralenti:


Despois fun ata o pobo de El Atazar. Soe ser coñecido, porque o nome do pobo tamén serve para chamar un embalse que está o seu pe. Dito embalse e o máis grande da comunidade de Madrid.

cruce de El Atazar

Ali vin unha placa de inaguración dun tal Francisco Franco. Debia ser outro motarra, posto que ultimamente atopome placas deste señor por todas partes. Pero non poñen series da sua vida na tele, asi que importante non seria.

placa de Franco en El Atazar

En El atazar parei nun mesón, chamado El Atazhar. Non ten perda, esta pola rua principal camiño da igrexa

igrexa de El Atazar

, xusto antes desta.

meson el athazar

Ali pedin unhas migas e judiones.

migas e judiones en El Atazar

Nunca probara as famosas migas. Son moi curiosas, e seica un xantar de pastores por Castela. Faise deixando a noite anterior migas de pan a remollo. Despois so tes que facer un refrito con elas e anacos de touciño e chourizo.

Os «judiones» e un xeito de fabada feito coas xudias grandes da zona.

Na viaxe de volta vin uns cantos ramos de flores atados a sinais das curvas, en honra a outros compañeiros motarras caidos. Duas GSXR e unha CBR de mil adiantaronme mentre.s Non se pode negar que as estradas desa parte da serra de Madrid son moi boas para pasear coa moto. O firme soe ser excelente.

Por ultimo, nova parada en Torrelaguna a volta,no bar Las Cubas, para tomar un xeado jaguendas con sabor a menta con anacos de chiculate. bar meson

Macanudo

Chuzame! A Facebook A Twitter

Exposición de motos de carreira clasicas en Alcalá de Henares.

10 Outubro 2006

En septembro de 2006 fíxose en Alcalá de Henares (Madrid) unha exposición con motos de carreiras clásicas

Parareime so coas que mais me chamaron a atención.

Angel Nieto. Lembro a este piloto pola tele entrando a saco nas curvas.
Derbi 125GP de Angel Nieto

Esta era de 125, na exposición do Guggenheim de Bilbao tiñan sua moto de 50 e era inda mais pequerrechiña.

Tamen tiñan o mono e os guantes de Angel Nieto.

o mono de Angel Nieto

guantes de Angel Nieto

Norton Manx. Cando por Galiza custaba atopar motos, en 1952 (o primeiro modelo de Norton Manx e de 1946, o da foto e de 1952) os ingleses de Norton desenrolaban o modelo Manx. Falando doutra cousa. O nome de Manx colleuno polo da carreira da illa de Man. Na illa de Man falase o Manx. Faime pensar nun modelo de moto que se chame galego..so que non temos na terra moitas carreiras de motos. Tiñamos que facer unha como na illa de Man: cada volta son 62 km.
Norton Manx 1952

Norton Manx. Vista da distribucion por eixe rey

Monocasco Ossa.
Foi un dos modelos utilizados por Santiago Herrero, unico piloto que por certo participou no TT da illa de Man, onde morreu na milla 13 no ano 1970, cando tiña 26 anos de idade. Gustariame ir a ver as carreiras o ano que ven, que cumprense 100 anos, pero como non me patrocine alguen (animase algun xornal?), coido que tereime que conformar con ver as fotos dos xornais.
Ossa Monocasco de Santiago Herrero

Eiqui temos unha cartel de Santiago Herreros competindo:

Ossa Monocasco de Santiago Herrero e cartel da carreira da illa de Man

Falando doutra cousa, unha Suzuki RG-500

Suzuki RG-500 de Carlos Cubillo

Cartel de carreira de Lambretta no parque de El Retiro, Madrid

cartel da carreira de Lambretta en El Retiro, Madrid, 1959

A JJCOBAS de Criville. Tamen lembrome de vela pola tele.

JJ COBAS de Crivillé

Bultaco cazarecord. Lembreime do Burt Munro.
Bultaco cazarecord

Disque estas motos van ser os primeiros fondos do museo da motocicleta que farase en Alcalá de Henares. A ver se e certo.

Chuzame! A Facebook A Twitter

vespa GTV e vespa LXV

Fai unhas semanas vin por Madrid unhas as novas vespa GTV e LXV.

Fixenlles unhas fotos:

Podense ver nesta ligazon en grande.

E eiqui como diapositivas.

parte traseira vespa GTV 250 IE

cadro instrumentos vespa GTV 250 IEmanillar vespa GTV 250 IE

asento vespa GTV 250 IE

faro vespa GTV 250 IE vespa GTV 250 IE

vespa LXV cadro mandos vespa LXV

vespa LXV asento vespa LXV

Chuzame! A Facebook A Twitter

poema motarra: homenaxe a Rosalia de Castro (video)

18 Setembro 2006


Castellanos de Castilla
tratade ben os galegos
Cando van, van coma rosas
Cando ven, ven como negros
Yolanda Castaño non existia cando existia Rosalia de Castro
Levaime xunto o mar.
Contra o que din algúns extremistas, estes versos son de xuntanza e non de desunión

Viva Galiza e viva a Castela comunera.

Chuzame! A Facebook A Twitter

HEY!, discoteca de Humanes, Madrid

14 Setembro 2006

HEY!, discoteca de Humanes, Madrid

Esta discoteca de Humanes, Madrid, era coñecida coma discoteca HEY!.
Esta discoteca e unha mestura entre igrexa yeyé e chalé de arquitectura brasiliana.
Despois chamouse MAMOUNA.
Era unha discoteca de éxito en anos 80.
Aqui actou moita xente, entre outros, LOCOMIA, antes de facerse famosos.
Coido que en Ibiza habera cousas de arquitectura semellante.
Esta parece unha orella de antroido fritindose.
O parecer dentro da discoteca tiñas escaleiras para ir as partes altas, tipo coro de igrexa.
Erache a catedral oitentera.Galiza tamén esta chea de sitios asi, nos que tentábaste e tentas fuxir dunha realidade que non che ofrece saidas. Coma por exemplo no rural.
E curioso ve-la cantidade de discotecas espalladas que hay polo rural galego.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Oenach celtico no Trece

O pasado 30 de xullo paseime polo Oenach celtico no Trece. (Narón, A Coruña)
oenach celtico

Tiñan tamén unha sección de mini-maquinas para a malla. Ogalla tódolos colexios tiveran unha coma esta:

mini-maquina mallar

Tamén tiñan unha sección ecolóxica con desmostracións prácticas de cociñas solares:

cociña solar

Tiven ocasion de falar cun da asociación de os picos do sol e pareceume moi boa xente

Chuzame! A Facebook A Twitter

bocatas vexetais no Ribanova, Ribadeo

12 Setembro 2006

bocatas vexetais no Ribanova, Ribadeo

SI, ESTOS BOCATAS SON TAN GRANDES COMA PARECEN.

Son bocatas vexetais no Ribanova.
Que bos están.
A cocacola so e con xeo, sen alcohol.
Estos son uns bocatas after-hours.
E o único after hours de Ribadeo, e poucos praceres hay tan grandes coma ir a tomarte un bocata vexetal (ou dous) as tres (ou as catro) da mañá o Ribanova.

Por certo, Rivanova e tamén o nome da novela dun ribadense, Leopoldo; o libro está ambientado no entorno do río Eo. Este Leopoldo morreu en Ribadeo, en 1933. Un de seus fillos, tamén chamado Leopoldo foi presidente do governo español de 1981 a 1982. E o que son as cousas, casou coa filla do daquela ministro de educación con Franco, Ibañez Martín, que cos anos daria nome a un colexio público en Ferrol. Eu estudiei nese colexio público deixado da mao do home, nos anos 80. Ali ibamos os fillos dos obreiros de ASTANO. Unha plaga, dicía algun profe fillodeputa que lle destinaran ali e inda queria pagalo connosco mallando en nos.

E nos 90 comezou a miña andadura ribadense, cidade de onde eran os Leopoldos.
E asi pechase o ciclo.

Ah non, cona, para pechar o NEPOTISMO teño que falar da sobriña de Leopoldo (Leopoldo fillo), Mercedes Cabrera Calvo-Sotelo. Ela e ministra de educación. Como era o sogro de Leopoldo, ou seña, o seu avo. Avó e neta co mesmo choio. Coma os carpinteiros.
Xa esta posta en marcha a sección de mapas para que vexades a vida que me pego paseandome por ali e por acolá.
Non ten moita resolucion pero algo e algo. Carallo, que e de balde. Esta e a ligazon da foto do Ribanova.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp